A Xunta agradece á Fundación ‘La Caixa’ o impulso de proxectos destinados ás persoas máis vulnerables da sociedade galega

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá no acto organizado pola Fundación ‘la Caixa’ con motivo da resolución da convocatoria de Proxectos Sociais de Galicia do ano 2022 na Cidade da Cultura. Durante o encontro agradeceu a esta entidade o impulso destes proxectos destinados a atender ás persoas máis vulnerables da sociedade galega.

O director xeral destacou a longa traxectoria desta convocatoria de axudas que permite que diferentes entidades sociais da Comunidade impulsen programas de atención a maiores, á discapacidade ou á inclusión social. Lembra a importancia de que administracións e entidades colaboren na construción dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria para todos os cidadáns.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/01/2023