A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras de humanización das rúas Buenos Aries e Progreso do Porriño, que suporán un investimento de case 1 M€
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar na primavera esta actuación na PO-329 ao paso polo centro urbano do municipio, para tela rematada a finais do 2023
Intervirase nun treito de case 700 metros da vía autonómica para reforzar a seguridade peonil, mellorar a accesibilidade e a estética da vía e favorecer a integración urbana
Construiranse beirarrúas máis anchas reducindo o ancho dos carrís de circulación, reordenaranse os aparcadoiros, renovaranse os pavimentos e rehabilitarase a calzada
As intervencións completarase coa dotación de mobiliario urbano: bancos, papeleiras, xardineiras e árbores; ademais de mellorar a iluminación con 22 novos puntos de luz e con 12 reforzos luminosos nos pasos peonís, para garantir unha maior seguridade
Os traballos dividiranse en cinco treitos, en función das necesidades de actuación detectadas en cada un deles
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu 7 ofertas de empresas para executar as obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño, que suporán un investimento da Xunta de case 1 M€.
O tramo tres vai desde o paso a nivel ata o cruce coa rúa Ponte do Valo, onde se proxecta unha plataforma compartida a nivel, de sentido único de circulación desde o mesmo paso a nivel ata a rúa Avelino Villasuso.