A Xunta pon en valor os viños e licores galegos con selo de calidade na vixésima primeira edición de Madrid Fusión

Madrid, 24 de xaneiro de 2023 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu hoxe a Madrid Fusión Alimentos de España 2023, un dos congresos de gastronomía máis influentes do país onde se están a poñer en valor os viños e licores de calidade de Galicia. O evento empezou onte e rematará mañá 25 de xaneiro.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria conta este ano cun posto de 24 m2 na primeira planta do Pavillón 14, na zona de Madrid Fusión Wine Edition. Neste posto están expostos e poderán degustarse os viños, licores e augardentes premiados nas Catas de Galicia 2022 da man do sumiller Alejandro Padín.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/01/2023