Fernández-Tapias destaca o traballo da canteira do Club Vigo Voleibol desde hai máis de 50 anos

Vigo, 25 de xaneiro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, foi recibida este martes polo presidente do Club Vigo Voleibol, Guillermo Touza, e visitou o entrenamento do primeiro equipo no pavillón de Coia. A representante autonómica destacou o traballo feito coa canteira da histórica entidade deportiva viguesa fundada en 1969.

 

Fernández-Tapias salientou que O Club Vigo Voleibol é o decano do voleibol galego, sempre estivo vinculado a Vigo e desde hai máis de 50 anos difunde o nome da cidade por toda España e Europa. Fundado no Colexio dos Irmáns Maristas de Vigo “O Pilar”, logrou o primeiro ascenso á máxima categoría do voleibol español en 1971, situándose desde entón entre os equipos máis importantes de España.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/01/2023