O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das probas para exercer como xestor de transporte por estrada en empresas de mercadorías e de viaxeiros
Como novidade na convocatoria deste ano, o calendario establecido para estas probas obrigatorias de competencia profesional pasará de dúas a tres quendas, e inclúe como requisito para poder concorrer ás mesmas ter residencia habitual na comunidade
A primeira quenda dos exames fíxase entre o 14 de febreiro e o 30 de abril; a segunda entre o 2 de maio e o 31 de agosto; e a terceira entre o 2 de setembro e o 31 de decembro
Os interesados en participar na primeira convocatoria poderán presentar a súa solicitude desde mañá e ata o vindeiro días 13 de febreiro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pola que se convocan as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada para este ano 2023.
Como novidade respecto da convocatoria do ano 2022, o calendario establecido para estas probas obrigatorias de competencia profesional, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, pasará de dúas a tres quendas, que se realizarán no primeiro, segundo e terceiro cuadrimestre. Tamén se inclúe como requisito para poder concorrer ás probas ter residencia habitual na comunidade autónoma.
Máis en detalle, a resolución publicada hoxe no DOG, establece a primeira quenda dos exames entre o 14 de febreiro e o 30 de abril; a segunda entre o 2 de maio e o 31 de agosto; e a terceira quenda entre o 2 de setembro e o 31 de decembro de 2023.
Os interesados en participar na primeira convocatoria das probas de xestor de transporte contarán desde mañá, e ata o 13 de febreiro para presentar a súa solicitude.
As persoas que desexen acceder á segunda convocatoria disporán desde o 14 febreiro e o 1 de maio para presentar a solicitude; e os interesados en participar na terceira quenda, poderán inscribirse desde o 2 de maio e ata o 31 de setembro.
As inscricións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/chave365.
Nas convocatorias das persoas inscritas nas distintas quendas, o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios serán acordados polo tribunal e informados cunha antelación de a lo menos de dez días naturais á data elixida.
No seguinte enlace ao DOG poden consultarse todos os requisitos que deben cumprir os interesados no momento de fin do prazo de presentación de solicitudes: https://acortar.link/HrM8BC