O plan Digitalent inicia o primeiro trimestre do ano con máis dunha ducia de actividades para fomentar o talento dixital na infancia, na adolescencia e na xuventude
Entre xaneiro e marzo de 2023 activaranse accións para fomentar as vocacións STEAM entre os máis novos e impulsaranse iniciativas para facilitar a adaptación a perfís especializados no eido universitario e da Formación profesional
Charlas divulgativas, concursos, visitas e novas iniciativas como DXC Pinchos&Datos ou os TFGs solidarios impulsados por NTT Data
A nova edición de Tecnólog@ por un día abrirá inscricións o próximo mes de marzo para o alumnado de 12 a 16 anos
Os centros educativos teñan ata o 31 de xaneiro para inscribirse na VI edición de GenTech, que achega aos alumnos de Bacharelato as oportunidades laborais do sector TIC
As empresas do Pacto Dixital continúan a implicarse no fomento do talento dixital da comunidade
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa a poñer o foco no fomento do talento dixital da nosa comunidade, desta volta con ata quince actividades previstas ata o mes de marzo ao abeiro do Plan DigiTalent. Una vez máis, contará coa implicación do sector TIC galego, que mantén o seu compromiso de colaborar coa Axencia na xeración e a atracción do talento vencellado ás novas tendencias dixitais.
Espertar o interese nas profesións científico-tecnolóxicas entre os máis cativos
Durante a primeira semana do mes marzo, a Amtega traerá de volta unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, no que rapaces e rapazas de 12 a 16 anos poderán visitar os centros de traballo das empresas colaboradoras e poderán experimentar en primeira persoa como se desenvolve unha xornada de traballo no sector TIC galego.
Impulso dos novos perfís dixitais
O catálogo deste primeiro trimestre conta tamén con actuacións dirixidas a promover a adaptación de estudantes, titulados e profesionais aos perfís dixitais especializados demandados polo mercado laboral.