A Xunta destaca en Vigo o labor de inclusión social que fai Apamp a través da artesanía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, onde se presentou a marca A Casa Rodante, coa que se comercializan as pezas elaboradas polos usuarios desta entidade

Vigo, 29 de xaneiro de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou recentemente en Vigo a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp), onde destacou o labor de inclusión social que desenvolve esta entidade a través da artesanía.

Así, durante a visita presentouse A Casa Rodante, a marca propia coa que comercializan as pezas de Artesanía de Galicia elaboradas polos usuarios desta entidade nos obradoiros cos que conta Apamp nos seus centros ocupacionais, dedicados á cerámica, o téxtil, a encadernación, o papel artesanal, a cestería, o gravado e a serigrafía.

O vicepresidente económico salientou que apoiando o proxecto da Casa Rodante se está impulsando o emprego inclusivo, e tamén o talento e o traballo de novos artesáns desde unha perspectiva igualitaria.

Os produtos da Casa Rodante estarán dispoñibles na súa propia páxina web, na que están xa traballando. Con este novo nome comercial búscase que os clientes cheguen ata os seus produtos pola súa calidade, deseño e funcionalidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/01/2023