A Xunta achega máis de 140.000 euros a financiar programas postos en marcha por entidades de acción voluntaria

Deben desenvolver proxectos en áreas como a sensibilización, a formación e a coordinación dentro do voluntariado a través de diferentes actividades como xornadas de aprendizaxe, seminarios ou campañas, entre outros

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2023.-

A Xunta destina máis de 140.000 euros a financiar una orde de axudas para impulsar programas en entidades de acción voluntaria. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as bases reguladoras e a convocatoria desta subvencións para financiar actividades que se realicen durante este ano 2023.

 

Esta liña de axudas terá como beneficiarias a aquelas entidades de acción voluntaria de carácter privado de Galicia que realicen proxectos de voluntariado no período comprendido tamén entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro e que se orienten á sensibilización, formación e coordinación en materia de acción voluntaria. O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de febreiro.

 

Para acceder a esta subvención deben desenvolver proxectos en áreas como a sensibilización, a formación e a coordinación dentro do voluntariado a través de diferentes actividades como xornadas de aprendizaxe, seminarios ou campañas, entre outros.

 

Cómpre destacar que se mantén o importe de axudas con respecto á última convocatoria deste programa, na que o Goberno galego concedeu subención a 127 entidades que traballan neste eido, no que Galicia é un referente.

Data de actualización: 28/01/2023