A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe as instalacións
A Xunta destina 150.000 euros anuais ao Concello de Valga para o funcionamento do seu centro de día de atención á discapacidade
A achega permite que os usuarios conten con terapias, atención e programas que lles axuden a estar máis activos e poidan mellorar a súa calidade de vida
2023-01-30
https://www.xunta.gal/image/image_gallery?img_id=1906063
Valga (Pontevedra), 30 de xaneiro de 2023
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou hoxe que a Xunta de Galicia destina 150.000 euros anuais ao Concello de Valga para o funcionamento do seu centro de día de atención á discapacidade, que ten vinte prazas.
Fabiola García, que visitou o centro acompañada do alcalde da localidade, José María Bello, salientou que o Goberno galego colabora coa Administración local para que os usuarios conten con terapias, atención e programas que lles axuden a estar máis activos e poidan mellorar a súa calidade de vida.
Así mesmo, a conselleira recordou que, nos últimos anos, a Xunta de Galicia achegou máis de 100.000 euros para mellorar a accesibilidade no centro de día público autonómico para maiores desta localidade, con diversas actuacións como a instalación dun ascensor.
Neste sentido, a conselleira puxo en valor que a Xunta aposta polos servizos de proximidade como o programa Coidados porta a porta, que ofrece servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria; o Servizo de Axuda no Fogar, que leva coidados profesionais a preto 27.000 fogares galegos; ou o programa de teleasistencia, que segue avanzando para chegar ás 10.000 persoas atendidas.
Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Política Social e Xuventude
Data de actualización: 30/01/2023
Novas relacionadas