A Xunta participa nun encontro solidario de Ategal en favor da cociña económica

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2023

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Antón Acevedo, asistiu esta tarde ao encontro solidario en favor da Cociña Económica organizado pola Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal). O coro de Ategal, en colaboración coas corais de La Salle, de Vite e da Rocha participaron neste evento que se desenvolveu no Colexio Maior Santo Agostiño.

 

O director xeral destacou as actividades que leva a cabo Ategal para favorecer un envellecemento activo e saudable, así como esta iniciativa solidaria. Así mesmo, lembrou que a Xunta incrementou este ano nun 25% o convenio de colaboración con Ategal, ata chegar aos 190.000 euros. O obxectivo é dar resposta ao crecente interese das persoas maiores polos cursos que organiza a entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2023