A Xunta investirá preto de 360.000 € na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na AC-444 na zona do Seilán, na Baña
Ethel Vázquez adianta que nos vindeiros días se iniciará a supervisión técnica do proxecto para poder sometelo a información pública o antes posible
Executarase un itinerario peonil continuo, renovando e ampliando as beirarrúas existentes, executando novos treitos ou dispoñendo senda de formigón
Actuarase en ambas as marxes da estrada nunha lonxitude de preto de 900 metros
A intervención atende as solicitudes municipais de canalización de abastecemento e de duplicar a condución de saneamento co fin de eliminar os vertidos cara á vía
A titular de Infraestruturas destaca o traballo da Xunta pola mellora da rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, cun investimento de case 300.000 € no concello da Baña
A Coruña, 4 de febreiro de 2023 A Xunta investirá preto de 360.000 euros na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil na estrada AC-444 ao seu paso municipio da Baña, concretamente no lugar do Seilán.
Ethel Vázquez puxo en valor o traballo do Goberno galego para manter en boas condicións de seguridade e de comodidade a rede viaria autonómica, con actuacións como o reforzo do firme levado a cabo recentemente nas estradas AC-406 e AC-546, que supuxeron un investimento de preto de 300.000 € só no concello da Baña.