A Xunta continuará esta semana a execución de traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das 4 provincias

As tarefas proseguirán na estrada AC-550, en Muros; e na autovía AG-59, ao paso por Teo
 

Tamén continuarán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro
 

Ademais seguirán as intervencións na OU-310, en Verín e Vilardevós; na OU-320, en Sandiás e Allariz; na PO-331, no Porriño; ou na AG-51, en Salvaterra de Miño
 

Desde o ano 2018 a Xunta leva investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2023
Compartir
  • whatsapp

A Xunta continuará esta semana a execución de traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias.

As tarefas, que xa se iniciaron a semana pasada, proseguirán na estrada AC-550, en Muros; e na autovía AG-59, ao paso por Teo.
 
Na provincia de Lugo, continuarán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o alto do Faro; e na estrada LU-152, que conecta Foz e Ferreira de Valadouro.
 
Na provincia de Ourense, as intervencións seguiranse realizando na OU-310, en Verín e Vilardevós; na OU-403, entre Ribadavia e Ponte Castrelo; e na OU-320, que une os municipios de Sandiás e Allariz.
 
Na provincia de Pontevedra, seguirán as tarefas de limpeza nas marxes da PO-331, no Porriño; na AG-51, en Salvaterra de Miño; ou nas vías de altas prestacións: VG-4.5, en Moaña e Cangas; e VG-4.7, en Carril e Baión.

Seguridade viaria

Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Como novidade, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/02/2023