Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 0,03 hectáreas de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, quedou extinguido ás 17,08 h. desta tarde.

 

O lume iniciouse ás 13,04 h. de hoxe e, segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,03 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na súa extinción participaron 2 axentes, 4 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 03/02/2023