A Xunta asiste á inauguración da ‘XII Exposición da Camelia’, organizada pola Asociación Cultural da Rocha

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu á inauguración da XII Exposición da Camelia, organizada pola Asociación Cultural da Rocha. Durante o evento destacou a longa tradición desta mostra que permite poñer en valor a tradición e a variedade desta flor na nosa Comunidade.

 

O director xeral animou a visitar esta exposición que se atopa no centro sociocultural da Rocha, en Santiago, e na que se pode coñecer máis sobre a historia da camelia e sobre as súas variedades. O Goberno galego promove distintas iniciativas para promover o seu coñecemento como a Ruta dos xardíns da camelia, conformada por 13 enclaves de toda a xeografía que contan con amplos cultivos desta flor.

 
Data de actualización: 04/02/2023