Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

O lume, que segundo as últimas medicións afectou 0,02 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, entrou en Galicia dende Portugal

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, quedou extinguido ás 14,27 horas de hoxe.

 

O lume iniciouse ás 17,24 h. de onte en Portugal e posteriormente entrou en Galicia, afectando totalmente 0,02 hectáreas de monte raso do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Para a súa extinción mobilizáronse en total 4 axentes, 5 brigadas e 2 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 06/02/2023