Fernández-Tapias destaca o récord histórico de afluencia ás Cíes tras lograr desestacionalizar o turismo grazas ao Plan Reitor do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A delegada territorial da Xunta en Vigo presenta o balance da afluencia ao arquipélago vigués con 329.623 personas en 2022

“Conseguimos distribuír o turismo ao longo de todo o ano para coidar das nosas xoias e respectar o turismo sostible”, sinalou a representante autonómica

Aumentan as visitas ás Cíes durante os meses de inverno e estabilízanse en verán, cunha pequena baixada en agosto respecto ao ano 2021

Os datos globais do parque, coa suma de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, tamén superan todas as cifras con 490.461 persoas en 2022

Vigo, 7 de febreiro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, fixo balance este martes da afluencia de visitantes ás Illas Cíes durante o ano 2022. A representante autonómica destacou o éxito do Plan Reitor de Uxo e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas co que se conseguiu desestacionalizar o turismo e bater o récord histórico de visitas ao arquipiélago vigués.

 

“Estamos moi satisfeitos porque conseguimos que as visitas se distribúan fóra de tempada alta e repártanse ao longo de todo o ano. Tradicionalmente, a afluencia ao parque tan só producíase no verán e Semana Santa, pero grazas á aplicación do Plan Reitor logramos que os visitantes tamén poidan acudir noutras épocas do ano”, sinalou Fernández-Tapias nunha comparecencia de prensa xunto ao director do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas.

 

Segundo os datos avanzados pola delegada, un total de 329.603 persoas pisaron as Cíes o ano pasado, o que supón un 12% máis respecto a 2021 e un 58% máis sobre 2020. Superada a pandemia, os datos globais do Parque Nacional, coasuma de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, tamén acadaron un novo récord. Así, en 2022 foron un total de 490.461 personas as que visitaron as illas, mentres que en 2021 o balalance foi de 456.461 visitantes e en 2020 reduciuse a 318.570 persoas.

 

Desestacionalización

Como exemplo da desestacionalización, a delegada territorial mencionu que houbo máis visitas en agosto de 2021 (96.509 persoas) que en agosto de 2022 (95.666 persoas) e ao revés, houbo máis chegadas en xaneiro, febreiro e decembro de 2022 que nos mesmos meses de 2021.

 

“Así, repartimos esa carga de visitantes a outras estacións do ano, porque as Cíes son a xoia da Humanidade e imos protexelas sempre, o mundo ten que coñecer este patrimonio natural do que dispoñemos, a condición de que, por suposto, se salvagarden os valores que atesouran”, sinalou.

Carta Europea de Turismo Sostible

Ademais, Fernández-Tapias destacou que o Parque Nacional tamén recuperou os visitantes procedentes de Portugal, xa que durante a pandemia o peche de fronteiras afectou directamente a súa chegada. Tamén apuntou que as Illas Atlánticas renovaron o pasado mes de decembro a Carta Europea de Turismo Sostible, cunha distinción que foi entregada polo Parlamento Europeo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/02/2023