A Xunta apoia o acordo de Reganosa con Enagás coa condición de que se garanta a realización de investimentos en Galicia
A Administración autonómica, que é accionista de Reganosa, deu o seu visto e prace á operación vinculado ao compromiso de Enagás de seguir mellorando as infraestruturas enerxéticas na Comunidade
O Goberno galego segue a considerar estratéxico o hidroduto Guitiriz-Zamora, fundamental para a competitividade da industria galega
A Xunta subliña que a alianza entre Reganosa e Enagás é unha noticia positiva e dunha enorme importancia para o sector enerxético en Galicia e en toda España. O capital galego entra no accionariado da regasificadora do porto do Musel, en Asturias, a cambio dun investimento que inclúe os gasodutos que ata agora tiña Reganosa.
A Administración autonómica, que é accionista de Reganosa, deu o seu visto e prace á operación, un apoio condicionado a que se concreten, por parte de Enagás, investimentos en infraestruturas e mellora do servizo.
O Goberno galego segue a considerar estratéxico o hidroduto Guitiriz-Zamora como unha peza fundamental para a industria galega, permitindo conectar a comunidade co resto de España e con Europa.
A Xunta mantén o seu compromiso con construír a Galicia industrial de 2030: unha Galicia máis competitiva, máis sustentable e máis verde.