Fernández-Tapias destaca a capacidade das empresas viguesas para a súa modernización a través do programa de dixitalización Industria 4.0

Vigo, 16 de marzo de 2023 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tivo oportunidade hoxe de coñecer o traballo que se leva a cabo na empresa Roeirasa, situada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares (PTL) e dedicada ao subministro de accesorios para a industria. A representante autonómica destacou a capacidade das empresas viguesas para abordar a súa modernización e puxo como exemplo a firma viguesa que xa ten en marcha o seu propio proxecto, apoiado polo programa de dixitalización Industria 4.0 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para abordar os novos canais dixitais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/03/2023