A Xunta informa aos comerciantes de Pontevedra das novas axudas de ata 17.600 € para impulsar a dixitalización e a modernización dos seus negocios
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na sede de APE Galicia nun encontro sobre este programa, ao que a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 3 M€
Mediante esta convocatoria, aberta á presentación de solicitudes ata o 28 de marzo, apóianse actuacións como a implantación e o mantemento de páxinas web, posicionamento dixital, loxística ou xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos
O programa permitiu mobilizar o ano pasado preto de 1,8 M€ en máis de 200 tendas e obradoiros artesáns da provincia
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, informou hoxe aos comerciantes pontevedreses das axudas de ata 17.600 euros que ten activas a Xunta de Galicia para impulsar a dixitalización e a modernización do comercio e do sector artesán galego.
Heredia participou na sede de Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) nun encontro sobre este programa grazas ao cal o ano pasado se mobilizaron investimentos por preto de 1,8 millóns de euros en máis de 200 tendas e obradoiros artesanais da provincia.