A Xunta continúa esta semana cos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das 4 provincias

Na provincia da Coruña, proseguirán as actuacións na autovía AG-59, no concello de Teo

Os labores tamén proseguirán na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e na LU-162, que comunica O Valadouro e Foz

Na provincia de Ourense continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas nas estradas OU-531, nas bisbarras da Limia e de Celanova; e na OU-540, en Barbadás

Na provincia de Pontevedra avanzarán as intervencións nas vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas

O Goberno galego leva investido 8,3 M€ desde 2018 en actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga
 

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2023
Compartir
  • whatsapp

A Xunta continuará desenvolvendo a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas ao paso polas 4 provincias.

Na provincia da Coruña proseguirán as intervencións na autovía AG-59, no concello de Teo.

Na provincia de Lugo seguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e tamén na estrada LU-162, que comunica O Valadouro e Foz.

Na provincia de Ourense continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU-531, ao paso dos municipios de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Celanova ou Cortegada; e na OU-540, ao paso por Barbadás.

Ademais seguirán as tarefas iniciadas nas estradas da provincia de Pontevedra, concretamente, na vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.

Control de biomasa e seguridade viaria

Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

No marco desta encomenda reporanse 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 a Xunta ten investido 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

 
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/03/2023