Fabiola García destaca o esforzo da Xunta por achegar coidados e atención os maiores que viven no rural

Baleira (Lugo), 18 de marzo de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na comida de maiores organizada polo Concello de Baleira. Durante o evento sinalou que o Goberno galego traballa cada día por achegar coidados e atención ás persoas maiores, vivan onde vivan. Para iso, recalcou a importancia de crear servizos naquelas zonas menos poboadas do rural.   

A conselleira apuntou que a Administración autonómica seguirá traballando para que os veciños de Baleira que así o desexen poidan vivir neste concello ao tempo que están ben atendidos. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsou a creación dunha nova residencia e centro de día públicos neste concello; segue a incrementar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, para levar atención profesional os fogares das persoas maiores; e tamén achega coidados gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria mediante o programa Coidados porta a porta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2023