Martina Aneiros compromete o respaldo da Xunta á Semana Santa ferrolá durante a presentación da revista Ecce Homo

Ferrol, 18 de marzo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no acto de presentación da revista Ecce Homo e o procesionario da Semana Santa de Ferrol 2023, onde puxo en valor o traballo realizado pola Junta General de Cofradías y Hermandades e as confrarías implicadas nesta celebración que ostenta a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Aneiros destacou na súa intervención a Semana Santa como “piar estratéxico na reactivación económica da cidade e da súa comarca” e comprometeu o apoio da Xunta de Galicia tanto á celebración como ao funcionamento do museo. “A colaboración entre administracións nos sitúa no camiño correcto para fortalecer a marca turística de Ferrol e a súa comarca como parte esencial da marca Destino Galicia”, indicou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2023