A Xunta continuará executando a próxima semana actuacións de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das 4 provincias

As intervencións proseguirán na autovía AG-59, no concello de Teo ou na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro

Na provincia de Ourense continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas nas estradas OU-531, nas comarcas da Limia e de Celanova; e na OU-540, en Barbadás

Tamén terán continuidade os traballos xa comezados na vías de altas prestacións VG-4.5, nos concellos de Moaña e de Cangas

A Xunta leva investido 8,3 M€ desde 2018 en actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga
 

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2023

A Xunta continuará desenvolvendo a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas das 4 provincias.

As tarefas xa iniciadas proseguirán a partir do luns, polo que na provincia da Coruña terán continuidade as intervencións na autovía AG-59, no concello de Teo.
 
Na provincia de Lugo, os traballos seguirán acometéndose na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e na estrada LU-162, entre O Valadouro e Foz.
 
Na provincia de Ourense, continuarán as tarefas na estrada OU-531, nos municipios de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Celanova ou Cortegada; e na OU-540, ao paso por Barbadás.
 
Ademais seguirán as tarefas iniciadas nas estradas da provincia de Pontevedra, concretamente, na vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.

Control de biomasa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsa estas actuacións enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

Estas actuacións na rede viaria autonómica permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.
 
A Xunta ten investido desde o ano 2018 un total de 8,3 millones de euros nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/03/2023