A Xunta considera necesario que administracións e particulares avancen cara a unha mobilidade eficiente

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, interveu esta mañá en Arteixo no Salón da Mobilidade Sustentable ‘Sabón + Eco’

Arteixo (A Coruña), 24 de marzo de 2023

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Arteixo o Salón da Mobilidade Sustentable Sabón + Eco no que destacou a necesidade de que administracións e particulares avancen cara a unha mobilidade eficiente.

Na súa intervención lembrou a aposta que o Goberno galego está a facer para garantir unha transición enerxética que sexa ordenada e planificada, tamén no eido da mobilidade.

Neste sentido, a Axenda Enerxética de Galicia 2030 conta entre os seus eixes prioritarios coa promoción da mobilidade sustentable a través do fomento do uso de fontes de enerxía renovable no transporte, a renovación do parque móbil da Administración, ou o impulso do vehículo eléctrico.

Data de actualización: 24/03/2023