A Xunta comezará esta vindeira semana actuacións de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-402, no concello de Cortegada

As intervencións proseguirán noutras estradas das 4 provincias, como na autovía AG-59, en Teo ou na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro


Tamén continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas nas estradas OU-531, nas comarcas da Limia e de Celanova; e na OU-540, en Barbadás
 

Na provincia de Pontevedra terán continuidade as intervencións na vías de altas prestacións VG-4.5, nos concellos de Moaña e de Cangas
 

O Goberno galego leva mobilizado 8,3M€ desde 2018 en actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, a través da encomenda á empresa pública Seaga
 

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2023

A Xunta comezará a próxima semana actuacións de roza e limpeza nas marxes da estrada OU-402, no concello de Cortegada.

Tamén proseguirán desde o luns as tarefas xa iniciadas en semanas previas noutras estradas autonómicas nas 4 provincias, como é o caso dos traballos na autovía AG-59, no concello de Teo.

No que se refire á provincia de Lugo, os traballos seguirán desenvolvéndose na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro; e na estrada LU-162, entre O Valadouro e Foz.

Na provincia de Ourense, continuarán as tarefas na estrada OU-531, nos municipios de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Celanova ou Cortegada; e na OU-540, ao paso por Barbadás.

Ademais seguirán as tarefas iniciadas nas estradas da provincia de Pontevedra, concretamente, na vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.

Seguridade viaria

Estas actuacións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

 

As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

A Xunta ten investido desde o ano 2018 un total de 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/04/2023