A Xunta destaca o labor de BNI Terramar para que o tecido empresarial da comarca do Barbanza aposte por ser máis dixital e sustentable

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Ribeira na celebración do sétimo aniversario deste grupo de networking

Ribeira (A Coruña), 14 de abril de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Ribeira na celebración do sétimo aniversario do grupo de networking empresarial BNI Terramar.

Na súa intervención, Conde destacou o labor desta entidade para que o tecido empresarial da comarca do Barbanza aposte por ser máis dixital e sustentable. O vicepresidente primeiro remarcou que esta asociación está fomentando a solidariedade e a cohesión entre os seus membros, apuntando que para a Xunta de Galicia sempre é un motivo de satisfacción constatar que o tecido empresarial traballa unido, buscando sinerxías e compartindo inquedanzas e obxectivos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2023