O Sergas publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Xeráronse un total de 3.271 inscricións

Resultaron admitidos 3.247 aspirantes

O 14,20% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Só resultan excluídas o 0,73% das solicitudes de participación
 

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental; enfermeiro especialista en enfermaría do traballo; enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria; enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica; enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica; médico de familia; médico de urxencias hospitalarias; médico coordinador do 061; médico asistencial do 061 e pediatra de atención primaria. 

Xeráronse un total de 3.271 inscricións. Resultaron admitidos 3.247 aspirantes. O 14,20% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 0,73% das solicitudes de participación. 

O total de aspirantes admitidos por categorías foron, 144 en enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental, 117 en enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, 390 en enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria, 489 en enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, 157 en enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica, 1.011 en médico de familia, 515 en médico de urxencias hospitalarias, 130 en médico coordinador do 061, 176 en médico asistencial do 061, e 118 en pediatra de atención primaria. 

O número de novas inscricións admitidas en relación ao pasado ciclo é de 14 en enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental, 2 en enfermeiro especialista en enfermaría do traballo, 220 en enfermeiro especialista en enfermaría familiar e comunitaria, 30 en enfermeiro especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, e 20 en enfermeiro especialista en enfermaría pediátrica. 

Respecto das categorías de médicos, as novas inscricións admitidas maioritariamente corresponden a facultativos que remataron o ano pasado a súa formación de especialistas (MIR), se ben os que non teñen solicitado suspensión de chamamentos, xa se encontran traballando para o Servizo Galego de Saúde. 

As novas inscricións admitidas repártense do seguinte modo entre estas categorías, 94 en médico de familia, 41 en médico de urxencias hospitalarias, 6 en médico coordinador do 061, 13 en médico asistencial do 061 e 21 en pediatra de atención primaria. Indicar que hai aspirantes que se inscriben en varias das categorías indicadas ao requirirse o mesmo título de acceso. 

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 30 de maio de 2023. 

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas provisionais das seguintes categorías: facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, facultativo especialista de área de medicina do traballo, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

 

Data de actualización: 29/05/2023