Xunta, Cesena e Navantia exploran colaboracións formativas para novos perfís profesionais en Ferrolterra

Ferrol, 31 de maio de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo está mañá no Centro de Excelencia do Sector Naval (Cesena) unha reunión de traballo con representantes desta entidade tecnolóxica, Navantia e o do CIFP Ferrolterra.

O encontro enmarcouse na procura de sinerxias entre os axentes citados de cara a formular novas propostas formativas no ámbito da FP Dual. O obxectivo é dar resposta á demanda de novos perfís profesionais, como o da robótica, que o ecosistema industrial da comarca xa demanda a corto prazo.

Cómpre lembrar que a Xunta está a traballar de man das empresas e os centros nas definición da oferta de ciclos nos próximos anos a través do Plan Conecta FP á medida do tecido produtivo galego e de cada zona.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2023