A Xunta destaca o importante papel que teñen as familias de acollida para garantir o dereito dos nenos a ter un fogar

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, agradeceu hoxe o labor fundamental das persoas que participan nos programas de acollemento para garantir o dereito de todos os nenos a vivir nunha familia. Díxoo nos actos conmemorativos do Día do Acollemento Familiar, que se desenvolveron no Colexio Santa Apolonia, na capital galega.

Alumnado de ciclos e de Educación Infantil do centro participaron nesta celebración, organizada pola Asociación Estatal de Acollemento Familiar (Aseaf) e a Asociación de Familias de Acollida (Acougo).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2023