O presidente da Xunta participou na presentación dos primeiros resultados do Inventario Forestal Continuo de Galicia

Rueda destaca o Inventario Forestal Continuo de Galicia como unha ferramenta fundamental para o crecemento de todo o sector na comunidade

Enxalza o investimento autonómico, que supera os 3 M€, nunha iniciativa que funciona como instrumento de control e planificación básico do monte galego

Convida a todas as empresas e produtores da industria a facer uso do Inventario, que supón “un antes e un despois para o sector”, e formar así parte do impulso que a Xunta propón a través do Plan Forestal de Galicia 2021-2040

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2023 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá o papel do Inventario Forestal Continuo de Galicia como unha ferramenta fundamental para o crecemento de todo o sector forestal-madeira na comunidade e a súa “continuidade no tempo”.

O titular do Executivo galego, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, participou na presentación dos primeiros resultados desta iniciativa, na que a Xunta inviste un orzamento superior aos 3 millóns de euros. Neste senso, parte dese financiamento correspóndese a un convenio coas universidades de Vigo e Santiago para o desenvolvemento do inventario e o resto para distintas ferramentas necesarias para a súa correcta elaboración. Rueda explicou que se trata dun “instrumento de control e planificación básico” tanto para a Administración como para todos os actores da industria.

Entre as posibilidades que ofrece está, entre outras, o cálculo preciso da superficie que ocupan as diferentes especies forestais na nosa comunidade e unha cualificación segundo a súa dispoñibilidade. Por exemplo, contémplanse variables como a pendente, a distancia a pistas ou a fragmentación dunha masa forestal

Rueda convidou a todas as empresas e produtores da industria a facer uso desta ferramenta, que supón “un antes e un despois para o sector”, e formar así parte do gran impulso que o Goberno galego quere dar a través do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 ‘Cara a neutralidade carbónica’.

Neste sentido, o presidente adiantou que o Inventario Forestal non será a única proposta que a Xunta poñerá en marcha para o sector, posto que neste ano tamén entrará en funcionamento o Plan Estratéxico da Industria Forestal-Madeira, unha estratexia que pretende aliñar os recursos dos que dispoñen os montes coas necesidades que ten a industria.

O sector forestal en datos

Durante a súa intervención, Alfonso Rueda lembrou a importancia do sector forestal galego, que se sitúa como unha referencia a nivel nacional e europeo. Galicia conta cunha superficie de preto de 1,5 millóns de hectáreas arboradas das que se aproveitan anualmente arredor de 10 millóns de metros cúbicos de madeira, o 50% da produción total en España.

Ademais, a cadea monte-industria galega supón o 1,8 % do PIB da comunidade e xera arredor do 12 % do emprego industrial, o que se traduce en 25.000 traballadores. No 2021, a facturación conxunta desta cadea de valor ascendeu a 2578 millóns de euros, un máximo histórico para Galicia desde o 2006.

Datos do Inventario Forestal Continuo

Tal e como recolle o Inventario Forestal Continuo, Galicia conta cunha superficie de preto de 1,5 millóns de hectáreas arboradas, das cales o 42,5 % da superficie correspóndese con frondosas (case 620.000 ha), seguidas por plantacións de coníferas (máis de 422.000 ha) e eucalipto (máis de 409.000 ha).

 
Clases arboradas
 
Forestal arborado
Forestal non arborado
 
Non Forestal arborado
 
En Rexeneración
Cortas 2022
Incendios 2022
Áreas queimadas
Total
FRONDOSAS
593.011
49
14.905
3.796
2.154
4.263
1383
619.561
CONÍFERAS
363.963
26
4.571
28.362
13.657
9.167
2.597
422.344
EUCALIPTO
367.472
13
5.710
21.259
12.953
1.133
486
409.026
OUTRAS
-
-
-
6.401
-
-
-
6.401
Total
1.324.446
88
25.186
59.817
28.765
14.564
4.465
1.457.331
 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2023