Turismo de Galicia recibe un total de 137 solicitudes para a orde de axudas a establecementos turísticos para levar a cabo actuacións de embelecemento nos concellos do litoral galego

As axudas enmárcanse no Plan Litoral de Galicia que inclúe 3 Accións de Cohesión en Destino e 10 Plans de Sustentabilidade Turística impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións

Esta liña da axudas conta cun orzamento de 2.075.000 € e divídese en dúas liñas de actuacións: tecnoloxías ambientais, cun orzamento de 1.125.000 € e mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 950.000 €

Para a primeira liña, solicitaron axudas 48 establecementos, dos cales 19 están na provincia da Coruña, 24 na de Pontevedra e 5 na de Lugo

Para a segunda liña, solicitaronse 89 axudas, das cales 27 son de establecementos da provincia da Coruña, 51 de Pontevedra e 11 de Lugo
 

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2023

A Axencia de Turismo de Galicia recibiu un total de 137 solicitudes para as axudas a establecementos turísticos que estean situados en concellos do litoral galego para levar a cabo actuacións de embelecemento. Esta liña de axudas está enmarcada no Plan Litoral de Galicia e concretamente, conta con 2.075.000 euros

Esta liña de axudas está dirixida a ás persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros, que teñan autorizado ou clasificado o establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia. Poderán solicitar as axudas os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos; así como restaurantes, cafeterías e bares.

As axudas a establecementos turísticos divídense en dúas liñas de actuación subvencionables: tecnoloxías ambientais, cun orzamento de 1.125.000 € e mellora da fachada turística do litoral, cun orzamento de 950.000 €.

Para a primeira liña, solicitaron axudas 48 establecementos, dos cales 19 están na provincia da Coruña, 24 na de Pontevedra e 5 na de Lugo. Para a segunda liña solicitáronse 89 axudas, das cales 27 son de establecementos da provincia da Coruña, 51 de Pontevedra e 11 de Lugo.

O Plan Litoral de Galicia, aprobado no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE, NextGeneration, conta cunha dotación orzamentaria de 29,3 M€. O Plan conta con 3 Accións de Cohesión en Destinos (ACD), promovidas pola Xunta de Galicia por importe de 11,3 millóns de euros, e 10 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino impulsados por entidades locais, mancomunidades e Deputacións por importe de 18 millóns de euros

Estas axudas enmárcanse na ACD: “Rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego”. Estas axudas teñen como obxectivo principal fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras. Distínguense dúas liñas de axuda, unha dirixida a concellos, cun importe de 4.475.000 euros, e esta  dirixida a establecementos turísticos, cun importe de 2.075.000 euros.

Data de actualización: 02/06/2023