A Xunta participa na clausura do programa universitario de maiores da USC

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe ao acto de entrega de diplomas ao alumnado que completou a súa formación no ‘Programa Universitario de Maiores: IV Ciclo’ da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A cerimonia tivo lugar no Salón Nobre de Fonseca.

Antón Acevedo destacou a importancia deste tipo de actividades dirixidas ás persoas maiores, xa que contribúen a que teñan unha vida activa, fomentan as relacións sociais e permiten ampliar a súa formación e coñecementos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/06/2023