A Xunta participa na inauguración dos XXV Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2023 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou hoxe no acto de inauguración dos XXV Xogos Autonómicos de Natación Special Olympics Galicia, que se disputan na piscina municipal do Carme, en Vigo.

O director xeral destacou a importancia que ten o deporte para potenciar a autoestima, a superación, as relacións sociais e a plena inclusión. Ademais, valorou o traballo que realiza neste ámbito durante todo o ano Special Oympics Galicia.

Data de actualización: 04/06/2023