A Xunta pon en valor na décima Festa da Sidra da Estrada o auxe deste tipo de produción na nosa comunidade

A Estrada (Pontevedra), 3 de xuño de 2023 O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta mañá á X Festa da Sidra do concello da Estrada, acompañado polo alcalde da localidade, José López. Alí, o director xeral destacou que a produción de sidra en Galicia está en auxe e que cada vez son máis os agricultores que apostan pola mazá natural e ecolóxica como forma de diversificar os aproveitamentos no agro, especialmente neste municipio pontevedrés.

Este tipo de actividade, sinalou o director xeral, contribúe de xeito moi importante á dinamización da economía local, coa conseguinte creación de riqueza e emprego, e favorece tamén a fixación da poboación. De feito, nesta décima feira están presentes numerosos lagares locais, nacionais e internacionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2023