A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 33 concellos galegos cun investimento de 2,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva destas axudas que, tras a ampliación realizada, suma catro concellos máis -Cabana de Bergantiños, Palas de Rei, Agolada e O Pereiro de Aguiar-, completa ata os 120.000 euros os apoios concedidos ás Somozas e outorga unha segunda axuda a Noia

Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, tras a ampliación de crédito realizada hai unhas semanas. Deste xeito, un total de 33 concellos recibirán apoios por importe de 2,5 millóns de euros.

A ampliación permite que as axudas cheguen a catro novos concellos -Cabana de Bergantiños, na Coruña, recibe 120.000 euros para a mellora de accesos; Palas de Rei en Lugo contará con 28.328,98 euros para a mellora do firme; Agolada en Pontevedra obtén 119.983,60 euros para as infraestruturas viarias; e O Pereiro de Aguiar en Ourense mellorará a vía de acceso noroeste cunha axuda de 38.587,14 euros-. Ademais, Noia suma unha segunda axuda para o polígono de Augalevada que se vai destinar ao punto limpo (44.213,43 euros) e, finalmente, amplíase ata os 120.000 euros a axuda que xa estaba concedida ao concello das Somozas para a pavimentación da vía principal.

Estas axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

Esta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido, encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.

LISTAXE DE BENEFICIARIOS

A CORUÑA

CONCELLO BENEFICIARIO

POLÍGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE

AXUDA
CONCEDIDA

ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA

Concello das Somozas
As Somozas
150.000 €
120.000 €

PAVIMENTACIÓN VIAL PRINCIPAL
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DAS SOMOZAS

Concello de Boiro

Parque Empresarial
de Espiñeira

59.745,77 €
47.796,62 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: ILUMINACIÓN PÚBLICA

Parque Empresarial
de Espiñeira

82.209,38 €
65.767,50 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA: INFRAESTRUTURA VIARIA

Concello de Cabana de Bergantiños
O Picón
179.646,72 €
120.000 €
ACONDICIONAMENTO E MELLORA DE ACCESO
Concello de Cabanas
Vilar do Colo
59.999,99 €
47.999,99 €
 

MELLORA DE ACCESOS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAR DO COLO: RÚAS MAREIRA E MARIÑASOL

Concello de Coirós
Pedrapartida
88.021,09 €
70.416,87 €

SISTEMAS PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS

Concello de Fene
Vilar do Colo
123.474,47 €
98.779,58 €
 

MELLORA DA SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE AO POLÍGONO VILAR
DO COLO DESDE O ACCESO OESTE

Concello de Noia
Augalevada
55.266,79 €
44.213,43 €
MELLORA DO PUNTO LIMPIO
Concello de Noia
Augalevada
56.801,11 €
45.440,89 €

ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE AUGALEVADA

Concello de Oroso
Sigüeiro
150.000 €
120.000 €

MELLORA DE REDE VIARIA NA AVENIDA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA MESÍA, SUBSTITUCIÓN DE CANLE
NA RÚA CURROS ENRÍQUEZ

Concello de Ponteceso
Tella
32.615,84 €
26.092,67 €
MELLORA ACCESO PARQUE EMPRESARIAL TELLA FASE III
Concello de Santa Comba
Santa Comba
84.837,09 €
67.869,67 €

MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

Concello de Tordoia
Pedra Salgueira
8.520,04 €
6.816,03 €
 

RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS
DE ALUMEADO PÚBLICO
EN PEDRA SALGUEIRA

LUGO

CONCELLO BENEFICIARIO

POLÍGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE

AXUDA CONCEDIDA

ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA

Concello de
Castro de Rei

Castro de Ribeiras de Lea
17.593,40 €
14.074,72 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE CASTRO RIBERAS DE LEA

Concello de Outeiro de Rei
Outeiro de Rei
135.710,88 €
108.568,70 €
 

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE OUTEIRO DE REI

Concello de Palas de Rei
Palas de Rei
35.411,22 €
28.328,98 €
MELLORA DO FIRME
Concello de Sarria
O Morelle
150.000 €
120.000 €
 

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DO MORELLE

Concello
do Saviñao

O Peago
69.115,20 €
55.292,16 €
 
ACONDICIONAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DO PEAGO

 

OURENSE

CONCELLO BENEFICIARIO

POLÍGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE

AXUDA CONCEDIDA

ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA

Concello
da Gudiña

A Gudiña
116.903,38 €
93.522,70 €

MELLORA DE REDE DE SANEAMENTO
DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA GUDIÑA

Concello do Pereiro de Aguiar
O Pereiro de Aguiar
48.233,93 €
38.587,14 €
MELLORA DA VÍA DE ACCESO NOROESTE
Concello de Pontedeva
Trado
108.101,10 €
86.480,88 €

MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TRADO

Concello de
San Cibrao
das Viñas

Barreiros
52.552,94 €
42.042,35 €
MELLORA DO FIRME DE VIAIS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE BARREIROS

San Cibrao
das Viñas

51.832,75 €
41.466,20 €

MELLORA DA REDE TRONCAL DE VIDEOVIXILANCIA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO

Concello de
San Cristovo
de Cea

San Cristovo
de Cea

150.000 €
120.000 €

INFRAESTRUTURA VIARIA
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SAN CRISTOVO DE CEA

Concello de Vilamarín
Tamallancos
48.098,64 €
38.718,91 €

MELLORA DA XESTIÓN DE RESIDUOS
DE VIDRO E CARTÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS

Tamallancos
38.697,95 €
30.958,36 €

MELLORA DA ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE
NO ACCESO E NOS VIAIS DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE TAMALLANCOS

Concello do Barco
de Valdeorras

A Raña
150.000 €
120.000 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO BARCO
DE VALDEORRAS

 PONTEVEDRA

CONCELLO BENEFICIARIO
POLÍGONO INDUSTRIAL
INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE
AXUDA CONCEDIDA

ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA

Concello de Agolada

Polígono industrial Merlín

149.979,50 €
119.983,60 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS

Concello da Cañiza

Uceira
(antigo Mercado)

28.140,80 €
22.512,64 €

MELLORA NO PARQUE EMPRESARIAL DE UCEIRA

Concello da Lama

Racelo
52.026,73 €
41.621,38 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS INTERIORES NO PARQUE EMPRESARIAL DE RACELO

Concello de Cambados

Sete Pías-Oubiña

108.242,11 €
86.593,69 €

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DE SETE PÍAS

Concello de
Campo Lameiro

A Facha

51.571,27 €
41.257,02 €

ALMACENAMENTO DE RESIDUOS

Concello de Meaño

A Pedreira

53.636,28 €
42.909,02 €

AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO DO POLÍGONO INDUSTRIAL DA PEDREIRA

Concello de Salvaterra do Miño

Chan da Ponte

7.005,37 €
5.604,30 €

MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE CHAN DO PONTE

Concello de Sanxenxo

Nantes
150.000 €
120.000 €

INSTALACIÓN DE LUMINARIAS “LED” NO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES

Concello de Valga

Campaña
51.888,36 €
41.510,69 €

MELLORA DOS ACCESOS E INFRAESTRUTURAS DO PARQUE EMPRESARIAL DE CAMPAÑA

Concello de
Vila de Cruces

O Camballón

150.000 €
120.000 €

INSTALACIÓN DE DEPURADORA
DE AUGA NO POLÍGONO INDUSTRIAL DO CAMBALLÓN

Data de actualización: 07/06/2023