Ethel Vázquez salienta a importancia da normalización da presenza de mulleres en posicións destacadas e do traballo da educación en igualdade

A Coruña, 9 de xuño de 2023

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no coloquio sobre La Voz de la Mujer STEM, no marco da entrega dos premios Prensa-Escuela, no que destacou a importancia da normalización da presenza de mulleres en posicións destacadas e do traballo da educación en igualdade.

No acto de entrega de premios, celebrado nas instalacións de La Voz de Galicia, en Sabón, tamén participou o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/06/2023