A III Xornada de Promoción Escénica e Musical achégalles as novidades do sector a 35 concellos e espazos culturais de Galicia e Portugal

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu esta mañá na apertura da III Xornada de Promoción Escénica e Musicais, que organizan na Cidade da Cultura os colectivos profesionais Escena Galega e Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia. Nela están a participar os responsables da programación cultural de 35 concellos, festivais e escenarios de Galicia e Portugal, que coñecerán de primeira man as novidades do sector a través de presentacións rápidas, networking e máis de 400 reunións con preto de 50 produtoras, promotoras e distribuidoras galegas de artes escénicas e de música.

En palabras do representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades,  a finalidade é fomentar a contratación dos espectáculos galegos tanto desde o ámbito público como desde o privado, prioridade compartida polo Goberno galego no marco das súas políticas de dinamización da industria cultural galega.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/11/2023