Actualidade
Buscador de novas
Lete Lasa destaca a puxanza de Galicia no ciclismo que posibilita que o Europeo de Ciclocrós chegue por vez primeira a España
Lembra que Galicia leva anos copando boa parte das prazas da selección española grazas aos grandes eventos internacionais apoiados como Proxectos de Especial Relevancia pola Xunta
A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas da provincia da Coruña
Localízanse nas comarcas veterinarias de Arzúa, As Pontes, Santiago, Teixeiro e Terra de Melide
A Xunta destaca o potencial da automoción galega e a necesidade de avanzar cara a unha mobilidade sostible
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na clausura da terceira edición do congreso ‘Automob Summit’ de Asime, onde explicou o compromiso do Goberno galego cos desprazamentos sostibles con iniciativas como a Estratexia Galega de Mobilidade ou o Plan de Transporte Público de Galicia
Ultreia Ourense analiza co apoio da Xunta os retos do sector emprendedor de Galicia nos ámbitos do turismo, o sector agroalimentario ou vitivinícola
A xerente de Galicia Calidade participou hoxe nunha das mesas organizadas pola Confederación de Empresarios de Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia
A Xunta confirma o reforzo de docentes nos tres colexios públicos de Rianxo pese á baixada da matrícula
O director xeral de Centros e Recursos Humanos avanza no Parlamento que todos eles contan cun plantel de profesorado que garante a máxima atención ao alumnado
A Xunta comprométese a seguir impulsando a investigación científica universitaria cun apoio financeiro estable e reforzo das infraestruturas
O secretario xeral de Universidades subliña que a Consellería incrementou nun 31% ata case os 23,6M€ os orzamentos para os 13 centros de investigación punteiros
Xunta e Concello de Boimorto colaboran na humanización da rúa da Sobreira e da Gándara, no lugar de Vilanova, cun investimento de 285.000 €
Trátase de habilitar beirarrúas en ambas marxes da rúa Sobreira, previa ampliación do viario existente; e executar 42 metros lineais de beirarrúa de 1,80 m de ancho na Gándara
A Xunta inviste máis de 8 M€ na renovación dos centros educativos da provincia de Ourense
O delegado territorial significou que ao longo deste ano a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense 128 actuacións, pequenas obras, cun investimento de 2.848.163 €
Avanza a rodaxe de ‘Tralovento’, a nova película de Eloy Domínguez Serén producida co apoio da Xunta
Zeitun Films conta cunha achega de máis de 255.000 euros para esta coprodución internacional, que tamén recibiu axuda para a fase previa de desenvolvemento do proxecto