Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.434 novas:

18/09/2024 | 16:14 | C. do Medio Rural

A Xunta declara cinco novos focos de enfermidade hemorráxica epizoótica en explotacións bovinas da provincia da Coruña

Localízanse nas comarcas veterinarias de Arzúa, As Pontes, Santiago, Teixeiro e Terra de Melide

18/09/2024 | 15:32 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial da automoción galega e a necesidade de avanzar cara a unha mobilidade sostible

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na clausura da terceira edición do congreso ‘Automob Summit’ de Asime, onde explicou o compromiso do Goberno galego cos desprazamentos sostibles con iniciativas como a Estratexia Galega de Mobilidade ou o Plan de Transporte Público de Galicia

18/09/2024 | 15:29 | Axencia de Turismo de Galicia

Ultreia Ourense analiza co apoio da Xunta os retos do sector emprendedor de Galicia nos ámbitos do turismo, o sector agroalimentario ou vitivinícola

A xerente de Galicia Calidade participou hoxe nunha das mesas organizadas pola Confederación de Empresarios de Ourense en colaboración coa Xunta de Galicia

18/09/2024 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta confirma o reforzo de docentes nos tres colexios públicos de Rianxo pese á baixada da matrícula

O director xeral de Centros e Recursos Humanos avanza no Parlamento que todos eles contan cun plantel de profesorado que garante a máxima atención ao alumnado

18/09/2024 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta comprométese a seguir impulsando a investigación científica universitaria cun apoio financeiro estable e reforzo das infraestruturas

O secretario xeral de Universidades subliña que a Consellería incrementou nun 31% ata case os 23,6M€ os orzamentos para os 13 centros de investigación punteiros

18/09/2024 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Concello de Boimorto colaboran na humanización da rúa da Sobreira e da Gándara, no lugar de Vilanova, cun investimento de 285.000 €

Trátase de habilitar beirarrúas en ambas marxes da rúa Sobreira, previa ampliación do viario existente; e executar 42 metros lineais de beirarrúa de 1,80 m de ancho na Gándara

18/09/2024 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 8 M€ na renovación dos centros educativos da provincia de Ourense

O delegado territorial significou que ao longo deste ano a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense 128 actuacións, pequenas obras, cun investimento de 2.848.163 €

18/09/2024 | 14:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Avanza a rodaxe de ‘Tralovento’, a nova película de Eloy Domínguez Serén producida co apoio da Xunta

Zeitun Films conta cunha achega de máis de 255.000 euros para esta coprodución internacional, que tamén recibiu axuda para a fase previa de desenvolvemento do proxecto

18/09/2024 | 13:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo convida a gozar da cultura na sexta edición do ‘Festival de Música Antiga e Barroca’

A cita celebrarase do 2 ata o 16 de outubro con concertos e outras actividades complementarias en Santiago de Compostela