A Xunta abre mañá o prazo de inscripción nas listas de emprego temporal da Administración galega
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2018
  • whatsapp

A Xunta de Galicia abre mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 1 de marzo, ata o vindeiro 15 de xullo, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe. Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 26. Delas, sete listas son para traballar como funcionario interino e 17 para traballar como contratado laboral ás que hai que engadir outras dúas para persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado Listas de Contratación. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.

O acceso ao emprego temporal na Xunta realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou de contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde na que figurarán as persoas inscritas dependerá dos méritos que reúnan, de acordo cun baremo que figura na convocatoria.

Entre as listas abertas están as de veterinarios, escala superior de finanzas, director de centro social, enfermeiro, fisioterapeuta, xefe de cociña, auxiliar de clínica, auxiliar de fogar, limpador, axudante de servicios técnicos ou bombeiro forestal condutor.

Caso particular e actualización de méritos
O DOG de hoxe inclúe tamén unha resolución de apertura de listas para o caso particular das listas elaboradas para a cobertura de postos de traballo das escalas de profesores numerarios e mestres de taller de Institutos Politécnicos Marítimo Pesqueiros como consecuencia de que os requisitos para incorporarse ás diversas especialidades destas dúas escalas cambiaron.

Ademais, o DOG publica no número de hoxe a actualización profesional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Desde mañá ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar a documentación xustificativa.

Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas, así como as puntuacións totais das persoas integrantes das listas consecuencia da actualización de méritos, poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, apartado de <Listas de contratación>.
 

CORPOS, ESCALAS E ESPECIALIDADES (PERSOAL FUNCIONARIO)

 
GRUPO
CORPO/
ESCALA
DENOMINACION
A1
2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1
2067

Escala de veterinarios

A1
2086
Escala superior de finanzas
A2
2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2
205F
Escala técnica de finanzas
C1
2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C2
2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

 
GRUPOS E CATEGORÍAS (PERSOAL LABORAL)
 
GRUPO
CATEGORÍA
DENOMINACIÓN
I
002

Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a

II
001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II
002
ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
II
011
Fisioterapeuta
III
004

Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro. Roupeiro. Ferro de pasar

III
006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III
014
Xefe/a de cociña
III
050
Técnico/a especialista xardín de infancia
III
065

Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III
069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira

III
078
Subgobernante/a
IV
003

Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a

IV
004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV
005
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
IV
006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV
039
Auxiliar de autopsia
V
011

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal de servizos xerais

 

GRUPOS E CATEGORÍAS DO PERSOAL LABORAL DOS SERVIZOS DE PREVENCIÓN E DEFENSA

CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
 
GRUPO
CATEGORÍA
DENOMINACIÓN
III
100
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
V
14A
Bombeiro/a forestal condutor/a
 

Consulta nestes enlaces os anuncios:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-220218-0003_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-210218-0006_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180228/AnuncioCA01-210218-0005_gl.html

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/02/2018