O día 22 de marzo abre o prazo para inscribirse nas oposicións de Educación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria. O prazo estará aberto ata o vindeiro 13 de abril

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018
  • whatsapp

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 22 de marzo e rematará o 13 de abril de 2018.

As persoas solicitantes deben rexistrarse obrigatoriamente na aplicación de oposicións, onde deberán crear unha instancia. É ademais obrigatorio que a solicitude e, se é o caso, a documentación, se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo indicado na convocatoria. A información para realizar este procedemento pode consultarse tanto na propia convocatoria como no portal educativo da Consellería.

A Consellería convoca para o ano 2018 un total de 2.050 prazas en 30 especialidades, co fin de seguir avanzando na diminución da taxa de interinidade dos corpos docentes que, cun 13% é xa a máis baixa de todo o Estado.

A distribución de prazas por especialidade é a seguinte:

Ingreso


Corpo de profesores de ensino secundario
 

Especialidade
Reserva persoas con discapacidade
Libre
Total

Lingua Castelá e Literatura

5
70
75

Xeografía e Historia

5
60
65
Matemáticas
11
142
153

Física e Química

5
83
88

Bioloxía e Xeoloxía

4
56
60
Inglés
4
46
50

Orientación Educativa

3
32
35
Tecnoloxía
5
60
65

Lingua Galega e Literatura

5
70
75

Intervención Sociocomunitaria

1
19
20

Organización e Xestión Comercial

2
23
25

Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticios

1
14
15

Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortorpotésicos

1
14
15

Procesos Sanitarios

2
20
22

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

2
23
25
     
 
 
Corpo de profesores técnicos de formación profesional
 
Especialidade
Reserva persoas con discapacidade
Libre
Total
Estética
1
19
20

Instalación e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos

1
19
20

Operacións e Equipos de Produción agraria

1
17
18

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1
15
16

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

3
37
40

Procesos Comerciais

2
22
24

Servizos de Restauración

2
20
22
 
Corpo de mestres
 
Especialidade
Reserva persoas con discapacidade
Libre
Total

Educación Infantil

8
102
110

Lingua Estranxeira: Inglés

4
46
50

Lingua Estranxeira: Francés

4
46
50

Educación Física

4
51
55
Música
2
33
35

Pedagoxía Terapéutica

5
70
75

Audición e Linguaxe

6
84
90

Educación Primaria

17
223
240
 
 
Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1
 
Corpo de profesores de ensino secundario
 
Especialidade
A2-A1
Reserva persoas con discapacidade A2-A1
Total

Lingua Castelá e Literatura

23
2
25

Xeografía e Historia

20
2
22
Matemáticas
48
4
52

Física e Química

27
2
29

Bioloxía e Xeoloxía

20
1
21
Inglés
17
1
18

Orientación Educativa

11
1
12
Tecnoloxía
20
2
22

Lingua Galega e Literatura

21
2
23

Intervención Sociocomunitaria

6
 
6

Organización e Xestión Comercial

7
1
8

Organización e proxectos de sistemas enerxéticos

5
 
5

Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

5
 
5

Procesos Sanitarios

6
 
6

Sistemas electrotécnicos e automáticos

7
1
8
 
Acceso desde o Subgrupo A1 ao Subgrupo A1
 
Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas
 
Especialidade
A1-A1
Reserva persoal con discapacidade A1-A1
Total
Inglés
28
2
30
 

A maiores, e dentro das 2.050 prazas, convocaranse prazas de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas:

 
Especialidade
Reserva persoas con discapacidade
Libre
Total
Acordeón
 
1
1
Canto
1
4
5
Clarinete
1
4
5
Composición
1
8
9
Contrabaixo
 
2
2
Fagot
 
1
1
Frauta traveseira
 
4
4
Etnomusicoloxía
 
1
1
Guitarra
1
4
5
Historia da música
 
4
4
Improvisación e acompañamento
1
5
6
Música de cámara
 
2
2
Musicoloxía
 
1
1
Óboe
 
2
2
Pedagoxía
 
2
2
Percusión
 
4
4
Piano
1
10
11
Repertorio con piano para instrumentos
1
9
10
Repertorio con piano para voz
 
4
4
Saxofón
 
3
3
Trombón
 
3
3
Trompa
 
2
2
Trompeta
 
4
4
Tuba
 
2
2
Viola
 
2
2
Violín
1
5
6
Violoncello
 
4
4
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/03/2018