O Sergas acolle o acto de elección de destino dos aspirantes seleccionados na OPE de enfermería pediátrica

Un total de 18 aspirantes foron convocados para elixir destino no primeiro concurso-oposición para o acceso a prazas da especialidade de enfermería pediátrica no Servizo Galego de Saúde

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

No día de hoxe celebrouse, no salón de actos da Consellería de Sanidade, o acto de elección de destino dos aspirantes seleccionados no primeiro proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde para o acceso á categoría de enfermeiro especialista en enfermería pediátrica. Un total de 18 aspirantes foron convocados, dos cales 9 superaron o proceso pola quenda de promoción interna e 9 pola quenda de acceso libre.

Co obxecto de asegurar a cobertura da totalidade das prazas convocadas en ambos procesos, así como garantir aos profesionais que reúnan as condicións para obter praza nos dous procesos a posibilidade de optar por aquel dos dous destinos que mellor conveña aos seus intereses, aquelas persoas aspirantes seleccionadas neste proceso que tendo participado ademais no concurso específico para o acceso a esta mesma categoría resultaron adxudicatarias de praza neste último, (un total de 7), tiveron no acto de elección de destino, dúas opcións. Ou ben seleccionar un dos destinos ofertados na ope decaendo neste suposto en todos os dereitos derivados da súa participación no concurso específico, ou ben renunciar á participación na elección de destinos de ope resultando adxudicatarios do destino obtido no concurso específico.

Como consecuencia do exercicio deste dereito de opción, resultaron sen adxudicar un total de 5 prazas, que se ofertarán aos seguintes aspirantes aprobados neste proceso pola orde de prelación que resulte da lista definitiva de puntuacións, para a súa elección nun acto presencial que se celebrará a próxima semana, e para o que serán convocados, mañá, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/05/2021