A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe acada o 79%

Presentáronse 876 opositores dos 1.108 convocados

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2021
Compartir
  • whatsapp

Un total de 876 aspirantes acudiron hoxe ao Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, ás probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde, iniciadas o 18 de setembro. O número de persoas que se presentaron supón unha participación no día de hoxe do 79,06% (1.108 convocados).
Este domingo estaban convocados 1.108 aspirantes para cubrir 217 prazas distribuías en sete categorías diferentes. En concreto, 24 prazas correspóndense coa categoría de Facultativo especialista en análises clínicas; 52 á especialidade de radiodiagnóstico; 46 á de cirurxía xeral e do aparello dixestivo; 22 a de pneumoloxía; 23 á de Medicina intensiva; 10 á de técnico superior en hixiene bucodental; e 40 á especialidade de oftalmoloxía.
Nomeadamente, na categoría de Facultativo especialista en análises clínicas presentáronse 115 dos 172 aspirantes admitidos (66,86%); na especialidade de radiodiagnóstico presentáronse 103 aspirantes dos 114 admitidos (90,35%); en cirurxía xeral e do aparello dixestivo 118 de 144 (81,91%); na especialidade de pneumoloxía 55 de 64 (85,94%); en Medicina intensiva 72 das 94 persoas admitidas (76,6%); na de técnico superior en hixiene bucodental 326 de 417 (78,18%); e na especialidade de oftalmoloxía 87 de 103 (84,47%).
Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección das persoas aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.

Data de actualización: 03/10/2021