O Sergas publica as puntuacións definitivas do proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías estatutarias

Resultaron admitidos 19.352 aspirantes

A categoría con maior número de admitidos é a de celador, con 10.997

O 20,63% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Só resultan excluídas o 1,41% das solicitudes de participación

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de celador, celador quenda de discapacidade intelectual, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico e técnico superior en radioterapia.

 

Resultaron admitidos 19.352 aspirantes. A categoría con maior número de admitidos é a de celador, con 10.997. O 20,63% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 1,41% das solicitudes de participación.

 

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

 

Entrarán en vigor, a efectos de chamamentos, o día 11 de maio.

 

Próximas publicacións

Proximamente, publicaranse as listas definitivas do proceso de actualización das seguintes categorías: facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico especialista en medicina do traballo, odontólogo de atención primaria, técnico de saúde de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 10/05/2022