A porcentaxe de participación nas probas da OPE do Sergas que se celebran hoxe supera o 75%

Este sábado están convocados un total de 2.687 aspirantes para a cobertura de 87 prazas de cociñeiro, mecánico, telefonista e terapeuta ocupacional, e 1.642 aspirantes están convocados mañá, para cubrir 95 prazas de electricista, pasador de ferro e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir un total de 680 prazas de 24 categorías/especialidades, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril e que se desenvolveron ao longo de seis xornadas de exame

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2022
Compartir
  • whatsapp

Esta fin de semana continúan a desenvolverse, no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra), as probas selectivas da oferta pública de emprego do Sergas, para cubrir un total de 680 prazas correspondentes a 24 categorías de persoal estatutario iniciadas a fin de semana do 23 e 24 de abril.

En particular, esta fin de semana realizaranse os exames para cubrir un total de 182 prazas.

Hoxe sábado, en xornada de mañá, estaban convocados os aspirantes a cubrir un total de 54 prazas das categorías de cociñeiro (24), mecánico (19) e terapeuta ocupacional (11). O número de aspirantes admitidos foi de 1.123, dos que acudiron 849, o que representa unha participación do 75,6%. Na categoría de cociñeiros os admitidos eran 433 e acudiron 313 (72,29%); na de mecánico acudiron 320 dos 409 admitidos (78,24%); e na de terapeuta, 216 de 281 (76,87%). 

Hoxe pola tarde, están convocados os aspirantes a cubrir 33 prazas de telefonista. O número de aspirantes admitidos é de 1.564.

Mañá domingo día 15, ás 9:30 horas, están convocados 786 aspirantes para cubrir 38 prazas da categoría de electricista. Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, están convocados 856 aspirantes das categorías de pasador de ferro e técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, para cubrir 45 e 12 prazas, respectivamente.

Coa realización destes exercicios conclúen as probas selectivas para cubrir 680 prazas de 24 categorías/especialidades de persoal estatutario, que se iniciaron a fin de semana do 23 e 24 de abril, e que se están a desenvolver ao longo de seis xornadas de exame.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 14/05/2022