17/04/21 | 12:14 | Vicepresidencia primeira e C. de Presidencia, Xustiza e Turismo; C. de Cultura, Educación e Universidade A Xunta destina 424.000 euros para a rehabilitación da reitoral de Santa Comba de Bande
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitaron hoxe o edificio no que se levarán a cabo as actuacións de acondicionamento para poñer en valor a contorna da igrexa de San Trocado e fomentar o turismo cultural