13/04/21 | 12:36 | Vicepresidencia segunda e C. de Economía, Empresa e Innovación Conde subliña que os concellos poderán axilizar a aprobación de licenzas coas mesmas garantías xurídicas e técnicas que ata agora a través das entidades de certificación municipal
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta maña en Lugo un encontro informativo cos alcaldes da provincia para explicar os detalles da nova Lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia