Actualidade
A Xunta defende unha minaría sustentable e aliñada coas necesidades do tecido industrial galego
Lorenzana sinala que este é o modelo que a Xunta de Galicia quere para o sector, que ten que ser unha industria estratéxica para a transición enerxética e a loita contra o cambio climático
Rueda eloxia o compromiso e a lealdade do tecido empresarial galego na defensa dos intereses da comunidade
Destaca a “honestidade e o traballo” das organizacións empresariais e as compañías galegas, que “son as que moven a economía”
Lorenzana e o alcalde de Rianxo exploran vías de colaboración para impulsar o tecido industrial do municipio
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co rexedor do concello coruñés no que se valorou a posibilidade de desenvolver proxectos que poidan resultar estratéxicos para a zona
A Xunta apoia a comercialización de artesanía de Galicia no Mercado da Estrela de Santiago
A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación da 12ª edición deste evento, que se celebrará do 15 ao 18 de decembro
A Xunta avoga por reducir a burocracia administrativa na procura de atraer novos investimentos a Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez, participaron na mesa redonda ‘Instrumentos públicos como impulso para o desenvolvemento empresarial’, onde destacou que a nova Oficina Económica de Galicia permitirá reducir ata nun 50% os tempos de tramitación dos expedientes administrativos
A Xunta promove a colaboración empresarial para desenvolver proxectos que aposten pola dixitalización, a sustentabilidade e a loxística avanzada
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo nunha xornada organizada por Ceaga de cara a avanzar na elaboración do Plan de competitividade do ecosistema de automoción e mobilidade de Galicia 2030
Lorenzana subliña a aposta da Xunta por que a circularidade forme parte da cultura empresarial en Galicia
Apunta que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), puxo en marcha unha convocatoria de axudas directas para incentivar modelos de negocio circulares entre as empresas galegas
A Xunta defende o importante papel das comunidades enerxéticas para que Galicia acade os seus obxectivos en canto a uso e aproveitamento de renovables
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela nas xornadas ‘Comunidades enerxéticas na xestión pública’
O persoal investigador da administración galega contará a principios de 2024 cun novo marco lexislativo que mellorará as súas condicións laborais
Rueda destaca que Galicia se converterá na primeira Comunidade de España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación que depende da Xunta dándolle “certeza” e “estabilidade”
Galicia Calidade salienta a excelencia das plantas e flores da empresa de Boqueixón Viveiros Compostela
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou a nova sinalización que acredita co selo de garantía a esta compañía, aliñada co compromiso respectuoso do entorno e o coidado das materias primas