Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 426 novas da Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación :
28/03/23 | 15:29  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta promove a formación especializada dos xerentes das asociacións de comerciantes para reforzar a competitividade do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe os diplomas do curso de dixitalización, vendas e promoción en espazos comerciais no que participaron medio cento de profesionais de centros comerciais abertos

28/03/23 | 15:03  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda asegura para Galicia unha posición privilexiada nun futuro marcado polo coñecemento e a innovación

Salienta que na fase de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) participaron máis de 800 representantes de 500 axentes diferentes, que incluíron empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos e administracións

28/03/23 | 13:25  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta sinala a importancia da Semana Santa de Ferrol como referente para o sector turístico galego

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou hoxe o convenio de colaboración co presidente da Junta General de Cofradías para a celebración deste evento declarado de Interese Turístico Internacional no ano 2014

28/03/23 | 12:54  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Galicia asinará un acordo con Asturias, Cantabria e Castela e León para impulsar a mobilidade e o transporte sustentable no noroeste

Colaborarán na promoción, no impulso e desenvolvemento das infraestruturas necesarias para a mobilidade e o transporte sustentables nas súas principais vías de conexión, garantindo a subministración enerxética, fundamentalmente eléctrica, con hidróxeno ou combustibles alternativos

27/03/23 | 13:01  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Conde destaca o impulso que a Xunta está dando á transferencia de coñecemento a través do programa Ignicia

A convocatoria Ignicia recibiu 43 solicitudes na súa cuarta edición, un 54% máis que na anterior convocatoria, por parte de fundacións de investigación sanitaria, universidades, centros tecnolóxicos e CSIC
 

26/03/23 | 13:34  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Rueda pon en valor o compromiso de Sentury con Galicia a través do impulso dunha planta de pneumáticos nas Pontes que xerará 750 empregos

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse en Santiago de Compostela co presidente do Grupo, Qin Long, para avaliar o avance da tramitación desta iniciativa, un dos catro proxectos industrias estratéxicos declarados polo Goberno galego

26/03/23 | 12:00  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta destaca a aposta de Televés por avanzar na transición dixital e enerxética

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, realizou esta semana unha visita ás instalacións da compañía en Santiago de Compostela

25/03/23 | 14:00  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta avalía con Zinpro os plans de futuro desta empresa en Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co representante da multinacional estadounidense, que abrirá proximamente unha oficina e un laboratorio na Sionlla Biotech

25/03/23 | 09:51  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Galicia celebra os días europeos da artesanía con actividades de divulgación dos oficios artesáns

A través desta iniciativa, que se celebra do 27 de marzo ao 2 de abril, búscase achegar os oficios artesanais á sociedade

24/03/23 | 15:22  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta considera necesario que administracións e particulares avancen cara a unha mobilidade eficiente

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, interveu esta mañá en Arteixo no Salón da Mobilidade Sustentable ‘Sabón + Eco’

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: