Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 416 novas da Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación :
09/12/22 | 14:59  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta visita Aspol como exemplo do compromiso do tecido empresarial galego por dar valor engadido aos seus produtos a través da innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en San Cibrao das Viñas as instalacións desta compañía referente no sector dos equipos de descanso

09/12/22 | 11:54  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta ofrece todo o seu apoio á futura planta de hidróxeno verde de Meirama na busca de alternativas industriais para a comarca

Galicia espera que o Goberno teña en conta esta iniciativa no reparto dos fondos europeos e modifique a planificación eléctrica vixente para atender as súas necesidades enerxéticas
 

08/12/22 | 11:02  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta consolidará en 2023 o programa Bonos de innovación para que microempresas e pemes gañen en competitividade

Búscase apoiar, especialmente, as empresas que incorporan por primeira vez a innovación na súa estratexia de negocio, mediante a contratación de servizos externos
 

07/12/22 | 12:51  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta de Galicia impulsa a mellora dos accesos ao parque empresarial de San Cristovo de Cea cun apoio de preto de 120.000 €

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe as actuacións, que se enmarcan no traballo da Administración autonómica para mellorar e crear novas infraestruturas sostibles nas áreas industriais e impulsar a atracción de investimentos cara aos municipios
 

06/12/22 | 11:13  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta lanza a campaña ‘Vive o Nadal con Artesanía de Galicia’ para apoiar a comercialización do produto artesán galego

A iniciativa desenvólvese ata o 5 de xaneiro co obxectivo de animar os consumidores a apostar por pezas da marca Artesanía de Galicia para os seus agasallos de Nadal
 

05/12/22 | 10:56  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta avanza na tramitación do campus de I+D do Grupo Santos como proxecto de interese autonómico

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, mantivo unha reunión con representantes da empresa -líder no sector do deseño, fabricación e comercialización de mobles de cociña- para abordar os seguintes pasos

03/12/22 | 11:50  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta e o comité de empresa das Pontes coinciden na necesidade de que o Goberno aclare a situación da central térmica e a capacidade do nó de evacuación


O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola secretaria xeral de Industria, Paula Uría e a directora xeral de Formación para o Emprego, Zeltia Lado, reuniuse cos representantes dos traballadores cos que concordou na importancia de que se convoque a Mesa das Pontes, que non se xunta desde xuño de 2021

02/12/22 | 15:43  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta defende que a planificación eléctrica e o desenvolvemento da eólica son claves para garantir a competitividade da industria galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que estes dous aspectos son fundamentais para que empresas como Alcoa ou Stellantis sigan tendo futuro, e para que se poidan implantar novas iniciativas como a de Altri, Showa Denko ou Sentury
 

02/12/22 | 14:26  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta sinala que o proxecto Facendo 4.0 demostra a aposta de Stellantis polo ecosistema de I+D+i da automoción galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo na presentación das investigacións desenvoltas no marco desta iniciativa

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: